ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Logopedia

  • Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)

    +

A aula de comunicación vai destinada a todos aqueles usuarios que por múltiples causas teñan unha linguaxe deficitaria ou carecen da mesma, co fin de que todos/as teñan dereito a comunicarse e a recibir información ben mediante a linguaxe ou a través dun sistema aumentativo ou alternativo de comunicación.

Ademais este servizo desenvolve, crea e adapta diverso material que permite a todos os usuarios do centro, independentemente das súas habilidades comunicativas, ter información acerca do entorno no que se desenvolven. Outros aspectos a traballar dende a aula de logopedia son:

  • Aumentar o léxico
  • Mellorar a estructura sintáctica
  • Xeneralizar a linguaxe expresiva noutros contextos
  • Traballar o ritmo da fala e cualidades da voz mediante programas específicos
  • Introducir e implantar SAAC a través de diferentes axudas técnicas
  • Estimular e entrenar aspectos relacionados coa audición
  • Crear programas individuais de deglución atendendo a diferentes patoloxías.


Imaxes



ISO 9001
Programa afectivo sexual no centro ocupacional e centro de día
 
Cámaras
FEDER