ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Centro ocupacional

  • Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)

    +
Centro ocupacional

É un servizo de atención integral que atende a persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio límite e intermitente. Facilita o desenvolvemento das capacidades residuais en áreas formativo-laborais e ocupacionais co fin de conseguir un axuste persoal, social e laboral que lles leve á súa integración e á normalización das súas condicións de vida.  

O servizo desenvólvese a través das seguintes áreas de intervención:

  1. Área de Valoración, Elaboración e Seguimento do Plan de Desenvolvemento Individualizado (PDI): O PDI é una ferramenta que se deseña, coa participación do usuario e da súa familia, para cada un dos usuarios, tendo en conta as dificultades e os apoios que necesitan nas habilidades adaptativas: comunicación, autocoidado e coidado persoal, habilidades de vida no fogar, habilidades sociais e interpersoais, utilización da comunidade e dos recursos comunitarios, autodirección ou autocontrol, saúde e seguridade, habilidades académico-funcionais, lecer e tempo libre e traballo.
  2. Área de Formación básica e instrumental: Nesta área dase asistencia e trabállanse actividades da vida diaria. A través da área de axuste persoal e social préstanse os apoios necesarios para o desenvolvemento e mellora das capacidades, condutas e destrezas persoais e sociais, que permitan a máxima integración sociolaboral.
  3. Área de Formación profesional: Nesta área impártese formación teórico-práctica para o emprego a través do desenvolvemento e mellora das habilidades adaptativas a través de diferentes niveis de intervención:
    • Formación pre-laboral
    • Formación práctico-laboral
    • Formación ocupacional
    • Emprego con apoio
  4. Área de Mantemento e Rehabilitación: Comprende un conxunto de intervencións especializadas e orientadas a que a persoa alcance un nivel físico, mental e/ou social funcional e así lograr o maior nivel de autonomía e calidade de vida.


Imaxes



ISO 9001
Programa afectivo sexual no centro ocupacional e centro de día
 
Cámaras
FEDER