ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Centro residencial

  • Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)

    +
Centro Residencial

Centro de convivencia temporal ou permanente en réxime de internado para persoas con discapacidade con necesidades de apoio límite e intermitente que por razóns sociais, familiares ou ocupacionais, teñan dificultades para a permanencia no seu fogar. O Centro está acreditado para 18 prazas e na actualidade dispoñemos dos seguintes servizos:- Residencia 225 días- Residencia de Luns a Venres- Praza de emerxencia de Luns a Xoves  O servizo desenvólvese a través das seguintes áreas de intervención:

  1. Área de Valoración, Elaboración e Seguimento do Plan de Desenvolvemento Individualizado (PDI). En función das necesidades e intesidade dos apoios, elabórase un Plan de Desenvolvemento Individualizado, onde se establecen os obxetivos e actividades para promocionar a autonomía persoal.
  2. Área de Formación básica e instrumental: asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria:
    • Vida persoal: aseo, vestido, hixiene e apariencia persoal, coidado da saúde.
    • Vida no fogar: coidado da roupa, planificación e preparación da comida, tarefas domésticas, mantemento do fogar…
    • Vida na comunidade: interacción social, organización do tempo, manexo e administración do diñeiro, participación na comunidade ...
  3. Área de Actividades e Programas:conxunto de actividades orientadas a que as persoas dependentes cheguen a dispor das habilidades necesarias para gozar do seu tempo de lecer da forma máis autónoma posible; estas actividades están adaptadas ás características das persoas participantes e tendo en conta os seus obxectivos:
    • Fomentar os hábitos de vida saudables
    • Fomentar actitudes de solidariedade e convivencia
    • Fomentar o desenvolvemento de habilidades
    • Fomentar as relacións sociais
  4. Área de Servizos Xerais: conxunto de intervencións orientadas a lograr o nivel máximo de independencia e autonomía funcional, mediante actividades deseñadas e desenvolvidas para que o usuario participe de forma activa na readaptación á súa vida cotiá. Este servizo incide tanto nas actividades da vida diaria así como nas instrumentais


Imaxes



ISO 9001
Programa afectivo sexual no centro ocupacional e centro de día
 
Cámaras
FEDER