ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Reunión do persoal técnico de ASPABER co alumnado e profesorado de FP do IES Monte Neme que desenvolve o proxecto de innovación didáctica Ti2=i

23 de novembro de 2017   -    Do sector

Reunión do persoal técnico de ASPABER co alumnado e profesorado de FP do IES Monte Neme Reunión do persoal técnico de ASPABER co alumnado e profesorado de FP do IES Monte Neme

Esta semana tivo lugar unha nova reunión entre o persoal técnico de Aspaber, o alumnado do CS de Mantemento Electrónico e profesorado de FP do IES Monte Neme, co obxecto de identificar as necesidades e concretar as características dos produtos a desenvolver, ao abeiro do proxecto de innovación didáctica Ti2=i, no que colaboran o IES Monte Neme, a asociación Aspaber e a ONCE.

O título do proxecto, Ti2=i, fai referencia á integración da tecnoloxía e a innovación tecnolóxica e didáctica para lograr a igualdade das persoas e a inclusión.

O proxecto engloba entre outros os seguintes obxectivos xerais:

  • Realizar diferentes adaptacións de materiais e produtos para a súa utilización por persoas con algún tipo de discapacidade.
  • Creación de novos produtos e/ou materiais que faciliten a asimilación de conceptos e permitan practicar e afianzar rutinas de autonomía persoal en persoas con algún tipo de discapacidade.  


Imaxes



ISO 9001
Programa afectivo sexual no centro ocupacional e centro de día
 
Cámaras
FEDER