ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O Centro de Saúde de Carballo participa no programa Aténdeme-Enténdeme

28 de setembro de 2018   -    Do sector

O Centro de Saúde de Carballo participa no programa Aténdeme-Enténdeme Inicio do programa Aténdeme-Enténdeme no Centro de Saúde de Carballo

O pasado mércores, o Centro de Saúde de Carballo, acolleu o proxecto colaborativo posto en marcha entre o SERGAS e FADEMGA Plena Inclusión Galicia, chamado Aténdeme-Enténdeme.

Este programa pretende que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, transmitan aos profesionais sanitarios ás súas necesidades e características, así como ferramentas para mellorar a comunicación.

Para iso trasladáronse ata alí unha profesional, unha usuaria e un familiar da nosa entidade.

Queremos agradecer a participación dos profesionais que asistiron, así como o seu interese e colaboración.


Imaxes




ISO 9001