ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños


Novas

Iniciamos o programa "Aspaber na casa"

20 de abril de 2020   -    Dos programas

O apoio ás personas usuarias e ás súas familias segue a ser a prioridade de Aspaber. A situación xerada ante o COVID-19, fai que teñamos que reorganizarnos, e adaptarnos á nova situación, plantexándonos unha nova metodoloxía que permita que Aspaber chegue a todos os fogares, tendo en conta que cada persoa é diferente e polo tanto os apoios deben ser tamén distintos.

Ler máis »

Presentación do proxecto ACADAS

14 de novembro de 2019   -    Dos programas

Hoxe ás 11:00 h. tivo lugar no Concello de Carballo a presentación do proxecto europeo ACADAS (Alianza para o Recoñecemento inClusivo de méritos eDucacionais). Este é un proxecto europeo “Erasmus +” no que participa ASPABER (Asociación de Pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños), xunto con outras entidades como Necmettin Erbakan Üniversitesi de Turquía, European Laboratory on Training Education and Citizenship de Italia, St Ita's Special School de Irlanda, Centre of Education and Rehabilition for the Blind de Grecia e Pro Mente Croatia de Croacia.

Ler máis »

Simulacro electoral en Aspaber de cara ás próximas Eleccións Xerais

26 de abril de 2019   -    Do sector

En vésperas das próximas Eleccións Xerais, esta semana en Aspaber realizouse, grazas á colaboración do Concello de Carballo, unha recreación o máis real posible de todo o proceso que conleva unhas votacións. As primeiras votacións para moitas persoas con discapacidade intelectual nas que poderán exercer este dereito que durante tanto tempo lles foi negado, logo do recente cambio da Lei Orgánica de Réxime Electoral (LOREG) a finais de 2018.

Ler máis »

O proxecto de “economía circular” da Asociación Aspaber recibe o apoio do GALP Costa da Morte

24 de abril de 2019   -    Do sector

Coa axuda do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte, a Asociación Aspaber a través do obradoiro de Soldadura Plastica acaba de poñer en marcha o proxecto “Persoas diversas+Cofrarías= Economía Circular”, que ten como finalidade a formación e integración das persoas con discapacidade intelectual mediante o traballo de soldadura de pezas de plástico, en concreto para recipientes relacionados coas actividades pesqueiras.

Ler máis »

Entrega de resultados do proxecto Ti2=i en Aspaber

29 de outubro de 2018   -    Do sector

Alumnado e profesorado de ciclos formativos do IES Monte Neme, fixeron entrega o pasado venres en ASPABER de dous dos produtos finais desenvolvidos ao abeiro do proxecto “Ti2=i”: unha mesa de luz multifunción e un adestrador de rutinas para a vida diaria, que permite aos usuarios adquirir as rutinas básicas para a utilización do aseo.

Ler máis »