10 feb

Presentación do equipo do novo servizo de limpeza viaria, adxudicado ao Centro Especial de Emprego Aspaber por 2 anos

O Centro Especial de Emprego Aspaber resultou adxudicatario do servizo de limpeza viaria para os próximos dous anos por un importe de 82.031,49 euros. Francisco Costa, Dolores Fernández e José Luis Villar, en representación de Aspaber, desprazáronse ata Malpica para presentar, xunto co alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Fernández, o equipo humano e técnico da concesión.

Ler máis »
27 nov

O Concello de Malpica asina un contrato por dous anos co Centro Especial de Emprego Aspaber para a limpeza viaria

Despois de gañar recentemente o concurso público para a limpeza viaria do Concello de Malpica, o Centro Especial de Emprego Aspaber asinou o pasado venres na Casa Consistorial o contrato de vinculación co Concello por unha duración de dous anos e posible prórroga por un ano máis.

Ler máis »
23 out

O concello da Laracha prorroga dous anos máis o contrato de xestión do Punto Limpo e Limpeza Viaria ao CEE Aspaber

O pasado xoves a xunta de goberno local acordou facer efectiva a prórroga de dous anos establecida no contrato inicial asinado aló polo ano 2013 co CEE Aspaber. Este contrato comprende a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo do municipio, así como as melloras introducidas polo CEE Aspaber de recollida de voluminosos e papel-cartón a pé de rúa.

Ler máis »
19 mai

Presentación da concesión de limpeza viaria do Concello de Carballo ao C.E.E. Aspaber

O Centro Especial de Emprego Aspaber presenta os medios técnicos e humanos para o desempeño da limpeza viaria durante os próximos 4 anos.

Ler máis »
26 xan

O punto limpo da Laracha, xestionado polo C.E.E. Aspaber, sumou 1.500 usuarios en 2016

Durante o ano 2016 o punto limpo de A Laracha, xestionado xunto co servizo de recollida de voluminosos a domicilio polo Centro Especial de Emprego Aspaber, atendeu a máis de 1.500 usuarios.

Ler máis »
22 set

O C.E.E. Aspaber asina o novo contrato do servizo de limpeza viaria do Concello de Carballo

Esta mañá levouse a cabo na Casa do Concello o acto de sinatura do contrato administrativo de servizos de “Limpeza viaria e servizos conexos” do Concello de Carballo entre os representantes do Centro Especial de Emprego Aspaber S.L. e o Alcalde Evencio Ferrero. O prazo de duración deste contrato é por catro anos con dúas posibles prórrogas dun ano, previo acordo de ámbas as partes, e o prezo anual de adxudicación é de 356.344,91 euros.

Ler máis »
16 set

A directora xerente de AEDIS visita o Centro Especial de Emprego Aspaber

No día de onte recibimos a visita da directora xerente de AEDIS (Asociación Empresarial para a Discapacidade) Raquel Manjavacas Blanco, que estivo acompañada polos xerentes dos Centros Especiais de Emprego San Xerome Emiliani e Aceesca...

Ler máis »
12 xul

O CEE Aspaber xestionará un novo depósito de resíduos vinculado ao Punto Limpo da Laracha

O Concello da Laracha e o CEE Aspaber inauguración o pasado venres un novo punto de recollida de resíduos, no que se poderán depositar plásticos de silo e residuos de material vexetal coa finalidade de mellorar este servizo de cara aos veciños deste concello.

Ler máis »
25 mai

O C.E.E. Aspaber S.L. gaña dous dos catro lotes do contrato de limpeza de edificios públicos ofertados polo Concello de Carballo

A mesa de contratación do Concello de Carballo decidiu adxudicar a limpeza dalgúns dos seus edificios municipais ao CEE Aspaber SL, despois de valorar a proposta do CEE Aspaber como a mellor entre todas as que se presentaron a concurso, todas elas de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

Ler máis »
19 xuñ

Once Galicia deu ao Concello de Carballo o premio Integración Laboral pola súa labor social

A Once de Galicia fallóu os premios á solidaridade que convoca cada dous años, co obxetivo de reconocer o traballo das entidades que traballan a favor da integración das personas cegas ou con calquera outra discapacidade.

Ler máis »
13 nov

A estratexia en internet de Aspaber, seleccionada para participar no Foro Expansión

O vindeiro martes día 17 no Salón de Plenos da Cámara de Comercio de España en Madrid, a estratexia en internet deseñada para Aspaber por Abertal, será protagonista no Foro Expansión.

Ler máis »
15 set

O C.E.E. Aspaber encargarase da limpeza do CEIP San Luis Romero de Carballo

Tras o contrato asinado a pasada semana co Concello de Carballo, no presente curso escolar que botou a andar esta semana, o Centro Especial de Emprego de Aspaber encargarase da limpeza dun novo centro de ensino: o CEIP San Luis Romero de Carballo.

Ler máis »