ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Noé, o usuario de Aspaber que aprobou a oposición de celador do Sergas

23 de setembro de 2020   -    Do sector

Noé, o usuario de Aspaber que aprobou a oposición de celador do Sergas Primeiro día de traballo de Noé como celador no CHUAC

Nova publicada por La Voz de Galicia – CARBALLO -  23/09/2020.

Vive en Culleredo e esta semana comezou a traballar no Chuac.

Noé Vila Fernández, de 24 anos, empezou o luns a traballar como celador no Chuac de A Coruña. Fíxoo tras superar unha oposición do Sergas con moito éxito. Non é a primeira vez que aproba unha oposición (leva tres máis, quizais catro polos resultados pendentes doutra, entre Xunta, Facenda ou Estado), pero nas anteriores non lograba praza porque non tiña puntos de traballo ou cursos, ó contrario que outros aspirantes. Esta vez, sí, e xa ocupa a súa praza, moi satisfeito.

Noé é (era) usuario de Aspaber. E foi esta entidade a que mostrou o seu orgullo públicamente polo logro: «Levamos moito tempo apostando pola inserción sociolaboral das persoas, dedicando moito tempo á formación dos nosos usuarios en competencias, preparación para presentarse a oposicións de prazas reservadas de emprego público...». E froito deste traballo, o resultado da praza de Noé, nunha praza que «estivo preparando durante dous anos con moito esforzo, tempo e dedicación», sinalan. Por eso felicítano e engaden o «orgullo» deste logro, todo un cambio na súa vida.

Tamén se mostra moi contenta Mercedes, a nai. Viven en Culleredo, pero aínda así optaron por Carballo para a formación do seu fillo. Non é o único caso de usuarios alleos á zona, pero non é o habitual. Para evitar tantos desprazamentos, estaba interno na residencia varios días á semana. Noé é un exemplo de esforzo e perseverancia: tamén foi alumno do instituto Monte Neme, ten a ESO e o Celga 3.


Ligazóns