ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O Centro Educativo Aspaber finaliza o curso 2021/2022 visitando: As Torres do Allo

22 de xuño de 2022   -    Centro Educativo

Redacción realizada polo alumnado

O xoves 16 de xuño fomos de excursión ás Torres do Allo en Zas. Antes de chegar ao Pazo pasamos por unha entrada de árbores que era moi bonita. Cando chegamos ao Pazo baixamos das furgonetas e collemos as mochilas coa merenda. Merendamos no xardín das Torres do Allo. Despois fixemos unha actividade sobre Victor Seoane, a última persoa que viviu no Pazo, estudaba a natureza.

Despois demos un paseo polos arrededores do pazo ata a igrexa. Terminamos no xardín que ten unhas bonitas árbores de moitos lugares diferentes.

Para comer fixemos un picnic e de menú tíñamos croquetas de primeiro, de segundo hamburguesas e de postre mouse de fresa. Ao rematar voltamos para o colexio. Gustounos moito a excursión porque o lugar era moi bonito e pasámolo moi ben.


Visita ás Torres do Allo (Zas)

Imaxes