ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños


Novas

O I.E.S. Monteneme en colaboración con Aspaber expoñen o proxecto Ti2=i na 3ª edición do Congreso FP Innova Galicia

27 de abril de 2018   -    Do sector

Despois dun ano de colaboración entre o I.E.S. Monteneme de Carballo e Aspaber para levar a cabo en común o proxecto Ti2=i, un proxecto de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos e logo de conseguir o premio á innovación na FP (modalidade B, convocatoria 2017 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), esta semana o personal de Aspaber e o alumnado e profesorado de electricidade e electrónica e de fabricación mecánica do instituto carballés, presentaron na Cidade da Cultura de Galicia o traballo realizado froito desta colaboración.

Ler máis »

Aspaber organiza o campionato de xogos de mesa da Liga Norte 2017

27 de novembro de 2017   -    Dos programas

Dentro do calendario de actividades da Liga Norte, composta por asociacións de persoas con discapacidade que se reúnen para organizar actividades deportivas co obxectivo de crear espazos de convivencia e diversión, o pasado sábado celebrouse no Forum Carballo o campionato de xogos de mesa, que este ano organizou Aspaber.

Ler máis »

Reunión do persoal técnico de ASPABER co alumnado e profesorado de FP do IES Monte Neme que desenvolve o proxecto de innovación didáctica Ti2=i

23 de novembro de 2017   -    Do sector

Esta semana tivo lugar unha nova reunión entre o persoal técnico de Aspaber, o alumnado do CS de Mantemento Electrónico e profesorado de FP do IES Monte Neme, co obxecto de identificar as necesidades e concretar as características dos produtos a desenvolver, ao abeiro do proxecto de innovación didáctica Ti2=i, no que colaboran o IES Monte Neme, a asociación Aspaber e a ONCE.

Ler máis »

O equipo de baloncesto Aspaber Basket Xiria presenta as súas novas equipacións

16 de novembro de 2017   -    Dos programas

O pasado venres tivo lugar no Polideportivo Bergantiños de Carballo o acto de presentación das novas equipacións do equipo de baloncesto Aspaber Basket Xiria para a campaña 2017-2018, ao que asistiron a directora de Aspaber Dolores Fernández e o membro da xunta directiva da entidade Rufino Fraga, e en representación da escola Basket Xiria estivo presente o presidente Marcos Díaz Molk, o secretario Primitivo X. Reguera e o director deportivo Arturo Ferraces. Tamén asistiron, en apoio ao proxecto de colaboración entre a Escola Basket Xiria e Aspaber, o alcalde de Carballo Evencio Ferrero e o edil de Deportes e Cultura Marcos Trigo.

Ler máis »

Usuarios de Aspaber formarán parte do equipo RC Deportivo Genuine

7 de setembro de 2017   -    Dos programas

O RC Deportivo de La Coruña, Aspaber e outras 4 asociacións da provincia (Aspanaes, Down Coruña, Aspronaga y Fundación Adcor) asinaron o pasado mes de agosto na sala de prensa de Riazor, un convenio de colaboración para formar un equipo de futbol con membros de ditas asociacións. Posteriormente, no descanso do partido entre o RC Deportivo e o Real Madrid, presentouse o novo equipo que se denominará RC Deportivo Genuine, donde os xogadores saudaron á afición e fixeron unha foto oficial.

Ler máis »

Aspaber participa nas "VII Xornadas Técnicas: Intervencións basadas na evidencia" organizadas polo Centro Pai Menni

10 de maio de 2017   -    Do sector

No día de onte celebráronse as "VII Xornadas Técnicas: Intervencións basadas na evidencia" organizadas polo Centro Pai Menni das Irmáns Hospitalarias de Betanzos, que como sempre tratan de realizar unha reflexión compartida entre distintos profesionais e especialistas co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, e ás que este ano foron invitadas a participar as psicólogas do Centro de Día e Centro Ocupacional de Aspaber.

Ler máis »

Aspaber participa no "III Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade" da Asociación Aloumiños

24 de abril de 2017   -    Do sector

En colaboración coa Asociación Aloumiños a directora de Aspaber Dolores Fernández, acompañada das psicólogas da entidade Mª Carmen Trigo e Irene Rama, impartiron o pasado venres as 19:00 h. no Centro Cívico de Malpica de Bergantiños a ponencia "Unha viaxe inesperada e un mundo a descubrir cheo de capacidades", penúltimo acto do "III Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade" que a Asociación Aloumiños ven desenvolvendo dende finais do pasado ano en diferentes concellos da Costa da Morte e que vai dirixido a todas as familias de persoas con necesidades específicas.

Ler máis »