ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Fisioterapia

  • Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)

    +

A unidade de fisioterapia nace co obxetivo de ofrecer ós usuarios do centro, un servizo especializado que aborde de xeito individualizado os distintos problemas de saúde dende o punto de vista da rehabilitación física e sempre dende un enfoque biopsicosocial. Os destinatarios do Servizo de Fisioterapia son todos os usuarios do Centro Ocupacional e do Centro de Día susceptibles de recibir tratamento fisioterapéutico, por un proceso agudo ou crónico, e sempre atendendo ás necesidades específicas previamente establecidas no seu PDI. A unidade de fisioterapia aborda de maneira individual ou grupal, aspectos de motricidade relacionados con: 

  • Aumentar e conservar os recorridos articulares
  • Mellorar o equilibrio e a coordinación
  • Normalizar os IMC
  • Patoloxías puntuais: respiratorias, intestinais, vasculares e traumatolóxicas


Imaxes