ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Programa afectivo-sexual no Centro Ocupacional e Centro de Día

  • Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)

    +
Sesión de traballo do programa afectivo-sexual Sesión de traballo do programa afectivo-sexual

1. OBXECTIVOS.

  • Posibilitar ás persoas usuarias do centro que poidan levar unha vida sexual dacordo cos seus desexos, necesidades e  capacidades.
  • Capacitar aos profesionais para a educación afectivo sexual erotofílica, científica, de respeto e ética.
  • Apoiar ás familias na comprensión e apoio ao desenvolvemento da dimensión sexual dos seus fillos e fillas.
  • Implementar cos usuarios e usuarias do centro programas de educación afectivo sexual.

2. ALCANCE DE RESULTADOS
. Para conquerir os obxectivos presentados no programa levaranse a cabo as seguintes accións:
  • Acción A: Formación sexual en grupos de usuarios e usuarias; durante seis meses levaremos a cabo formación sexual no centro distribuídas nunha sesión á semana de cincuenta minutos. O  alcance será de cuarenta e catro  usuarios e usuarias do centro distribuídos en catro grupos. Os resultados desta acción irán na líña de que as persoas asitentes adquiran coñecementos sobre as tres dimensións básicas da sexualidade: identidade sexual, afectividade e erótica. Aprenderán a recoñecer as cuestión sexuais e a procurar saídas ós seus conflictos sexuais. O resultado final desta acción será que os participantes terán unha visión ampla e erotofílica da sexualidade e os seus profesionais terán unha experiencia práctica real de traballo en educación sexual cos usuarios do centro.
  • Acción B: Traballo continuo cos profesionais; durante estos seis meses os profesionais terán un encontro formativo ao mes con unha especialista externa, nestas sesións entrenaranse as metodoloxías e ampliaranse os coñecementos das unidades didácticas do programa de educación sexual que eles levan a cabo coas persoas integrantes nos catro grupos que se puxeron en marcha na acción a). O resultado específico desta acción será que os oito profesionais do centro ASPABER que están levando acabo as sesións formativas grupais da acción a) terán unha preparación en metodoloxía e de contidos na materia afectivo sexual.
  • Acción C: Traballo individualizado; o programa FADAS ofrecerá un apoio individual a todas as familias do centro que o precisen e porá en marcha unha intervención individualizada inicial con seis persoas e coas súas familias nas que se traballará o seu itinerario sexual. O alcance desta acción é unha atención personalizada que ofrece apoios específicos ás necesidades concretas establecidas pola propia persoa e polos seus familiares, tendo como resultado que estas persoas podan vivir a súa sexualidade de xeito responsable e satisfactorio, asemade as tres profesionais que participan nesta acción reciben a formación e a experiencia de campo para en futuros proxectos levar a cabo esta intervención sin necesitar a presenza dunha especialista externa.
  • Acción D: Encontro con todos os familiares do centro ASPABER; onde se traballarán a educación sexual da persoa con diversidade cognitiva dende o núcleo familiar. Claves de intervención e importancia do traballo sistémico. O alcance desta acción será todos os famialiares da entidade.   O resultado será traballar a cuestión sexual coa  suma das persoas alcanzadas: 44 + 8 + 25 + 120 = 197


Ligazóns



Novas

  • Iniciamos o programa "Aspaber na casa"

    20 de abril de 2020

    O apoio ás personas usuarias e ás súas familias segue a ser a prioridade de Aspaber. A situación xerada ante o COVID-19, fai que teñamos que reorganizarnos, e adaptarnos á nova...



Ver máis novas »