ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Centro de día

  • Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)

    +
Centro de día Actividades de coidado da saúde

É un Servizo especializado de atención diurna destinado a proporcionar unha atención integral ás persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio xeneralizado e ás súas familias. Facilita apoios e servizos diversos e flexibles, a través de actividades funcionais e significativas de tipo formativo, terapéutico, ocupacional e lúdico, tanto no propio centro, como facendo uso dos diversos recursos comunitarios, para conservar e mellorar as súas capacidades e promocionar a súa autonomía persoal.  

O servizo desenvólvese a través das seguintes áreas de intervención

  1. Área de Valoración, Elaboración e Seguimento do Plan de Desenvolvemento Individualizado (PDI): En función das necesidades e intensidades dos apoios detectados nas diferentes áreas de habilidades adaptativas, eláborase o Plan de Desenvolvemento Individual no que se reflexan os obxetivos e as actividades necesarias para conseguilos. 
  2. Área de Asistencia ás actividades básicas da vida cotiá: Comprende un conxunto de intervencións orientadas a lograr o nivel máximo de autonomía funcional, mediante actividades deseñadas para que a persoa participe de forma activa nas actividades da súa rutina diaria. Esta área incide nas actividades da vida diaria: vestido, alimentación, hixiene persoal, mobilidade e psicomotricidade, así como en actividades instrumentais: tarefas domésticas, preparación de comidas, integración na comunidade, que poidan xeneralizar ao seu fogar e ao seu entorno.
  3. Área de Rehabilitación: comprende actividades dirixidas a estimular e aumentar as súas capacidades, e previr a progresión de situacións de deterioro físico e psíquico.


Imaxes