ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Estatutos

  • Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)

    +
Construcción do Centro Ocupacional Construcción do Centro Ocupacional no ano 1983

A Asociación ASPABER constituíuse no ano 1976 sen fins de lucro como resposta a un grupo de pais que observan un futuro incerto, sen centros nin servizos para atender aos seus fillos e fillas. Inicia os seus primeiros pasos nun local cedido polo Concello de Carballo nas instalacións do colexio hoxe chamado CEIP Fogar.

No ano 1983 iníciase a construcción do Centro Ocupacional e estréanse as instalacións no ano 1986 cun total de 30 usuarios.

No ano 1994 a Asociación conta cun total de 60 usuarios e xorde unha nova esixencia; as persoas que residen lonxe do centro, e para iso constrúese unha miniresidencia que se pon en marcha no ano 1997 con 16 usuarios/as.

Dous anos despois, en 1999 lévase a cabo a ampliación das instalacións destinadas ao Centro Ocupacional.

No ano 2000 créase o Centro Especial de Emprego Aspaber S.L., e catro anos despois preséntase ao concurso de limpeza viaria do Concello de Carballo onde consegue a concesión por un período de dez anos.

No 2012 conséguese a concesión de limpeza viaria do Concello de Malpica por un período dun ano, e no ano 2013 tamén se conseguen as concesións do punto limpo e limpeza viaria do Concello da Laracha e a limpeza de varios colexios do Concello de Carballo (CEIP Bergantiños, CEIP Fogar, CEIP A Cristina, CEIP Nétoma-Razo) ademáis dalgunhas escolas unitarias do municipio carballés.


Descargas