Centro Educativo
-
Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)
+

O Centro Educativo (CEEPR ASPABER) é un centro de educación especial ubicado na Brea (Carballo), que nace no 2017 baixo a titularidade da Asociación Aspaber, e que garante unha atención educativa mediante os apoios necesarios ó alumnado con necesidades educativas especiais de entre 3 e 21 anos.
O noso obxectivo:
É prestar tanto os apoios necesarios como os servizos individualizados a cada alumno/a tendo en conta as súas características individuais, que lle permita desenvolver as súas capacidades ó máximo co fin de integrarse educativa, social e laboralmente a fin de realizar o seu proxecto de vida.
Que ofrecemos:
O centro educativo ASPABER defende unha metodoloxía pedagóxica activa, vivencial e experiencial, centrada na interacción do alumnado ca súa contorna e que parte dos seus centros de interese .
O noso modelo educativo basease nos seguintes principios:
- Inclusión: tendo en conta a presencia, a participación e a aprendizaxe das persoas na súa contorna, coa finalidade de poder desenvolverse no seu contexto.
- Perspectiva multidisplinar: atención desde diferentes servizos como, fisioterapia, logopedia, psicoloxía, pedagoxía, que axudan a prestar os apoios que sexan necesarios os alumnos/as.
- Educar para a vida desde unha perspectiva integral: non orientada exclusivamente na capacitación, senón en vivir unha vida plena, o que implica desenvolver competencias útiles para a vida, que permitan obter resultados vitais e persoais. Non educar só para a escola e o currículo, senón educar para “Construír vidas”. Educar para unha vida de calidade máis alá dos muros do centro.
- Personalizar a aprendizaxe: ofrecendo a cada alumno/a o que necesita aprender, deseñando acción orientadas ás construcións de competencias/habilidades.
- Habilitar para a participación na comunidade: tendo en conta que os espazos ensinanza-aprendizaxe van máis alá do espazo aula e entorno colexio, é necesario que o propio entorno comunitario se converta nun espazo de aprendizaxe.
- Establecer canles de colaboración ca familia, para aunar esforzos.
- Colaboración cos centros de referencia, no caso dunha escolarización combinada.

Para conseguir estes principios ofrecemos:
- Personalizar a aprendizaxe para os alumnos/as (partindo dos seus centros de interese e as súas necesidades individuais)
- Participar de forma activa nas actividades (brindando os apoios que sexan necesarios)
- Centrarse nas capacidades, necesidades, e intereses de cada alumno/a
- Ter en conta o ritmo de aprendizaxe de cada alumno/a
- Establecer unha metodoloxía flexible, motivadora e vivencial
- Crear un entorno acolledor e seguro
- Trazar itinerarios formativos que persigan obxectivos claros e concretos
- Mellorar aspectos de crecemento persoal
- Adaptar o contexto para maior participación e acceso a sociedade
- Priorizar aprendizaxes significativos e funcionais, aplicables a diferentes contextos e situacións
- Ofrecer os apoios (tanto humanos como técnicos) para que os alumnos/as poidan desenvolver unha vida plena.

A Brea, 15100 Carballo (A Coruña)
Tfno: 981 702 606
Fax: 981 755 888
Email: centroeducativo@aspaber.com