10 de marzo de 2023 - Centro Educativo
Análise do papel da muller a través dun video mediante diferentes versións de cancións moi populares interpretadas polo alumnado do Centro Educativo ASPABER para o 8 de Marzo.
Ler máis »10 de marzo de 2023 - Centro Educativo
Análise do papel da muller a través dun video mediante diferentes versións de cancións moi populares interpretadas polo alumnado do Centro Educativo ASPABER para o 8 de Marzo.
Ler máis »22 de decembro de 2022 - Centro Educativo
Estimados amigos e amigas, hoxe queremos dar a despedida do primeiro trimestre compartindo con todos vós os videos que realizamos nas tres aulas do centro educativo, no que puxemos toda a nosa ilusión e esforzo para desexarvos un feliz 2023 cheo de saúde e amor para todos e todas. ¡Felices festas!
Ler máis »25 de novembro de 2022 - Centro Educativo
O alumnado do CEEPR ASPABER elaborou un video conmemorativo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Ler máis »11 de novembro de 2022 - Centro Educativo
O 13 de novembro de 2002, o petroleiro Prestige sufriu unha vía de auga cando navegaba preto das costas de Finisterre cargado con 77.000 toneladas de fuel, provocando unha das maiores catástrofes ambientais en España e hoxe dende o centro educativo lembramos esta catástrofe e 20 anos despois tamén dicimos ... ¡NUNCA MÁIS !
Ler máis »22 de xuño de 2022 - Centro Educativo
Redacción realizada polo alumnado. O xoves 16 de xuño fomos de excursión ás Torres do Allo en Zas. Antes de chegar ao Pazo pasamos por unha entrada de árbores que era moi bonita. Cando chegamos ao Pazo baixamos das furgonetas e collemos as mochilas coa merenda. Merendamos no xardín das Torres do Allo. Despois fixemos unha actividade sobre Victor Seoane, a última persoa que viviu no Pazo, estudaba a natureza.
Ler máis »22 de xuño de 2022 - Centro Educativo
Redacción realizada polo alumnado. Ese día traballamos de distinta forma porque xogamos a xogos con auga. Xogos de esponxas, ao tobogán de auga, a lanzamentos de globos de auga. As esponxas eran de moitas cores, tivemos que pasarnos as esponxas de auga mentras nos mollaban as profes e Zaira con pistolas de auga, Sergio axudaba a rellenalas.
Ler máis »22 de abril de 2022 - Centro Educativo
Este venres 22 de abril, celebrouse en Carballo a presentación das conclusións do proxecto Erasmus+ ACADAS, que estivo liderado por Aspaber durante os 2 últimos anos e en coordinación con outras entidades europeas do sector da discapacidade de: Italia, Grecia, Turquía, Croacia e Irlanda.
Ler máis »10 de febreiro de 2022 - Centro Educativo
Tras dous anos compartindo experiencias e realidades de distintos países como Italia, Grecia, Irlanda, Turquía e Croacia sobre abandono escolar, exclusión, avaliación e obtención de méritos das persoas con necesidades de apoio.
Ler máis »5 de decembro de 2021 - Centro Educativo
ASPABER estará en Drogheda (Irlanda) para participar este próximo luns 6, martes 7 e mércores 8 de decembro no 4º encontro europeo sobre o proxecto ERASMUS+ ACADAS.
Este proxecto está financiado a través do programa europeo Erasmus+ e ten como finalidade analizar e intercambiar boas prácticas en prevención, intervención e seguimento de persoas con discapacidade en particular risco de abandono escolar prematuro (AET).
15 de setembro de 2021 - Centro Educativo
Os próximos días 16 e 17 de setembro levarase a cabo en Atenas a 3º Reunión do Comité Directivo do Proxecto ACADAS, na que participaremos xunto aos nosos socios europeos de Irlanda, Grecia, Turquía, Italia e Croacia. Este proxecto está financiado a través do programa europeo Erasmus+ e ten como finalidade analizar e intercambiar boas prácticas en prevención, intervención e seguimento de persoas con discapacidade en particular risco de abandono escolar prematuro (AET). Para iso, realizarase unha análise exhaustiva que axude a obter unha imaxe de conxunto sobre os aspectos nos que os sistemas educativos da UE non satisfán as necesidades destes grupos e esta análise utilizarase como unha ferramenta que servirá para transferir a carga de responsabilidade dos/as estudantes con discapacidade cara a aqueles actores con competencias educativas e sentará as bases do involucramento de toda a comunidade escolar para reducir o abandono escolar prematuro.
Ler máis »25 de novembro de 2020 - Centro Educativo
Temos o pracer de compartir con vos o video ideado e gravado polo alumnado do noso centro.
Ler máis »30 de setembro de 2020 - Centro Educativo
Este proxecto europeo, coordinado pola Asociación Aspaber xunto cos países socios: Italia, Irlanda, Croacia, Turquía e Grecia, presentou recentemente a súa nova páxina web.
Ler máis »