Aspaber busca axuda institucional para financiar a rede de transporte polos 17 municipios que atende
10 de abril de 2008 - Do sector
O transporte é o principal problema de Aspaber. A dirección do centro ocupacional carballés xa llo trasladóu ao vicepresidente da Xunta recentemente, e onte volveu a plantexárllelo ao diputado provincial Xoán Sande, que acudiu a Aspaber acompañado pola concelleira de Asuntos Sociais, Dores Silveira.
A asociación de pais de disminuídos psíquicos de Bergantiños ten na actualidade duas furgonetas e un microbús propios, e contratou duas líneas a unha empresa, á que paga 6.000 euros ao mes. O feito de ter usuarios de 17 municipios complica a solución ao problema, según reconoceu o diputado provincial. A pesares de que onte todavía non se concretóu ningunha actuación, Sande comprometeuse a estudiar a posibilidade de contribuir á renovación das duas furgonetas, moi deterioradas. Tamén surxiu a opción de recabar a axuda dos concellos.