ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Celebramos a Festa de Nadal cunha obra de teatro

21 de decembro de 2015   -    Do sector

O pasado sábado 19 de decembro celebramos como tódolos anos a Festa de Nadal, onde este ano, e xa van 7, a celebración comezou no Auditorio do Pazo da Cultura (Carballo), cunha representacion teatral basada nunha historia do lexano oeste americano, na que participaron entorno a 60 usuari@s da Entidade, un traballo que se levaba ensaiando dende varias semanas atrás.

Nesta ocasión e como vai sendo habitual nos últimos anos o aforo do Pazo da Cultura quedouse algo escaso, xa que acudiron a este acto entorno a unhas 350 persoas que animaron e disfrutaron en todo momento durante a obra.

A continuación a festa seguíu no Restaurante Aldeola (Cerqueda) cun xantar de confraternidade, o habitual sorteo dos regalos de Nadal donados polas familias dos usuari@s, proveedores de Aspaber, etc... E para finalizar a xornada levouse a cabo un baile amenizado pola orquesta D`Tacon.

Un ano máis queremos dar as gracias os alcaldes e membros das súas corporación dos Concellos de Carballo, Laracha e Malpica e a todas as familias, amigos e voluntarios pola súa asistencia e colaboración neste acto tan importante para a nosa organización.


Ligazóns

Imaxes