Aspaber recibe 100.000 euros para a mellora das súas instalacións
8 de xaneiro de 2016 - Do sector
A deputada de Benestar Social, Educación e Politicas de Igualdade asinou o Convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e a Asociación Aspaber para a reforma parcial do Centro de Día, na que a Deputación fai unha achega de 100.000 €, que supón o 40% do financiamento de ditas obras do total dos 249.846.26 euros nos que está orzamentado o proxecto, segundo o convenio asinado este xoves 7 de xaneiro.
Con esta mellora das instalacións, Aspaber pretende doblar a capacidade do centro de día, que actualmente conta con 30 prazas.
A deputada Ánxela Franco recoñeceu no acto de sinatura o papel que desenvolve ASPABER para dotar ás persoas con capacidades especiais e as súas familias de cara a integración social.