Aspaber bota unha ollada cara a Universidade coa visita dos alumnos de Educación Social
29 de abril de 2016 - Do sector
Visita dos alumnos de 2º grado de Educación Social da USC
Na mañá de hoxe, os alumnos de 2º de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela, dentro do seu programa de acercamento a experiencias e recursos da Educación Social, visitaron Aspaber para coñecer as súas instalacións e os diversos programas e actividades que dende o centro se levan a cabo dentro e fora das súas instalacións.
Os obxectivos cos que Aspaber aborda esta grata visita centrábanse nos seguinte puntos:
- Coñecer algúns dos elementos que compoñen o traballo diario cos nosos usuari@s e o desafío formativo que conleva.
- Analizar as necesidades formativas tras finalizar a titulación, de cara a tratar os moitos elementos que compoñen a discapacidade intelectual.
- Debatir en torno á importancia que se lle otorga á discapacidade dentro dos plans de estudio das titulacións do ámbito social.
- Analizar unha proposta de maior especialización formativa dentro das titulacións sociais.
- Resaltar a necesidade de formar profesionais polivalentes, creativos e comprometidos coa labor que desempeñan. Coñecer as nosas instalacións e as diversas actividades que en elas realizamos.
- Conseguir un maior reporte informativo nos centros por parte das investigacións universitarias que se están a levar a cabo.