ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O C.E.E. Aspaber asina o novo contrato do servizo de limpeza viaria do Concello de Carballo

22 de setembro de 2016   -    Novas

Acto de sinatura do novo contrato de limpeza viaria e servizos conexos Acto de sinatura do novo contrato de limpeza viaria e servizos conexos

Esta mañá levouse a cabo na Casa do Concello o acto de sinatura do contrato administrativo de servizos de “Limpeza viaria e servizos conexos” do Concello de Carballo entre os representantes do Centro Especial de Emprego Aspaber S.L. e o Alcalde Evencio Ferrero. O prazo de duración deste contrato é por catro anos con dúas posibles prórrogas dun ano, previo acordo de ámbas as partes, e o prezo anual de adxudicación é de 356.344,91 euros.

O C.E.E. Aspaber deberá de encargarse da limpeza de rúas, prazas, pasaxes, aparcadoiros e paseos da vila, incluíndo todo o que afecte ao varrido, recollida de residuos, rega, baldeo e desatranque de tragantes. Asimesmo tamén se inclúe a eliminación da vexetación que poida nacer no pavimento das rúas.

Por outra banda o contrato tamén recolle a limpeza de parques municipais, xardíns en todo o que afecte ao varrido e recollida de residuos, así como a limpeza dos imbornales, sumidoiros e canaletas de desaugadoiro. Ademáis Aspaber deberá de encargarse da limpeza e mantemento de papeleiras, limpeza e retirada de excrementos ou a limpeza de fontes e lavadoiros públicos.

A limpeza dos servizos conexos inclúe o servizo de limpeza, mantemento, conservación e reparación do mobiliario urbano: bancos de madeira e metálicos, maceteiros e marquesiñas, situados na vía pública ou zonas con xardíns.

Cando se requirá tamén se efectuará o baldeo de rúas, prazas, pasaxes e paseos que poidan quedar afectados pola celebración de festas ou festexos de todo tipo.

Limpeza intensiva dos espazos da feira e rúa Estrela

Os xoves e os domingos de feira procederase a limpeza das prazas do concello, da zona da Milagrosa e rúas próximas, unha vez queden libres. Asimesmo tamén se fregará de forma manual a zona da Estrela os domingos pola mañá.

A requirimento do Concello o contrato inclúe a limpeza de espazos abertos de carácter público e solares e terreos de propiedade e uso público sen edificar, así como os campos das festas que se indiquen; a retirada de pancartas e a limpeza de pintadas e grafitis incluíndo a retirada de carteis; as limpezas intensivas, limpezas de manchas de pavimentos ou mesmo limpezas de emerxencia.