Aspaber asina un compromiso co I.E.S. Monteneme de Carballo para participar nun proxecto de innovación
6 de febreiro de 2017 - Do sector
O pasado 26 de xaneiro, representantes de Aspaber procederon a asinar o compromiso como institución participante no proxecto de innovación “Ti2=i”, presentado e coordinado polo IES Monteneme de Carballo, segundo a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para o desenvolvemento de proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Con esta iniciativa preténdese mellorar a calidade da formación, a empregabilidade e a inserción laboral do alumnado, favorecendo o emprendemento e a aparición de novas iniciativas empresariais.
Próximamente unha comisión de selección de Formación Profesional acudirá ás instalacións de Aspaber, para valorar os medios e recursos disponibles coa finalidade de desenvolver este proxecto.