Aspaber participa nas "VII Xornadas Técnicas: Intervencións basadas na evidencia" organizadas polo Centro Pai Menni
10 de maio de 2017 - Do sector
No día de onte celebráronse as "VII Xornadas Técnicas: Intervencións basadas na evidencia" organizadas polo Centro Pai Menni das Irmáns Hospitalarias de Betanzos, que como sempre tratan de realizar unha reflexión compartida entre distintos profesionais e especialistas co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, e ás que este ano foron invitadas a participar as psicólogas do Centro de Día e Centro Ocupacional de Aspaber.
Nesta edición contouse coa intervención do Dr. Manuel Martín Carrasco, director do Instituto de Investigacións Psiquiátricas da Fundación Mª José Recio de Bilbao que explicou as “intervencións basadas na evidencia en discapacidade intelectual”, e de D. Miguel Ángel Verdugo Alonso, catedrático de Psicoloxía da Discapacidade e director do Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO) que interviu explicando “o cambio de paradigma e as prácticas baseadas na evidencia na discapacidade intelectual”.
De igual modo as Asociacións Pai Menni e AMIPA presentaron o “estudo de eficacia dunha intervención psicoeducativa para a redución da sobrecarga do coidador principal de persoas con discapacidade intelectual: EDUCA IV”.
Xa pola tarde, foi o turno das exposicións de experiencias donde logo da intervención da fisioterapeuta do Centro Pai Menni tocoulle o turno ás psicólogas de Aspaber Mª Carmen Trigo e Irene Rama que expuxeron “a loita por servizos de atención sanitarios eficaces e satisfactorios” onde falaron sobre a atención á saúde mental da nosa entidade, dende as evidencias da eficacia do noso modelo de intervención en coordinación coa USM do Centro de Saúde de Carballo e como impacta no benestar emocional das persoas coas que traballamos e das súas familias. Asimesmo expúxose que tras os resultados positivos deste modelo, estase a iniciar dende fai dous anos un modelo de atención á saúde integral das persoas en colaboración co Centro de Saúde de Carballo.
Para rematar as xornadas tivo lugar unha mesa redonda con todos os participantes, moderados por Manuel Martín Carrasco, na que se obtiveron as conclusións e posteriormente fíxose entrega das certificacións.