O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña visita Aspaber
5 de xullo de 2017 - Do sector
Esta mañá Aspaber recibiu a visita do delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña Ovidio Rodeiro Tato, que estivo acompañado polo xefe territorial de Economía, Emprego e Industria desta provincia Isidoro Martínez e do alcalde de Carballo Evencio Ferrero.
A visita desenvolveuse polos diferentes Centros e Servizos cos que conta a Entidade, facendo especial fincapé na parte Ocupacional e de Emprego.
Ao mesmo tempo tamén se presentou un novo proxecto de formación e emprego que se pretende levar a cabo por parte da Entidade.