Usuarios de Aspaber formarán parte do equipo RC Deportivo Genuine
7 de setembro de 2017 - Dos programas
O RC Deportivo de La Coruña, Aspaber e outras 4 asociacións da provincia (Aspanaes, Down Coruña, Aspronaga y Fundación Adcor) asinaron o pasado mes de agosto na sala de prensa de Riazor, un convenio de colaboración para formar un equipo de futbol con membros de ditas asociacións. Posteriormente, no descanso do partido entre o RC Deportivo e o Real Madrid, presentouse o novo equipo que se denominará RC Deportivo Genuine, donde os xogadores saudaron á afición e fixeron unha foto oficial.
O equipo do RC Deportivo Genuine, que estará integrado por 24 xogadores con discapacidade intelectual, participará na denominada “LaLiga Genuine” 2017/2018, unha iniciativa presentada pola Liga de Futbol Profesional na que ademáis do RC Deportivo participarán esta tempada outros 16 clubes máis, e cuyos obxectivos desta competición serán a normalización da práctica do fútbol no colectivo con discapacidade intelectual, o compromiso do fútbol profesional con este proxecto integrador e socialmente responsable e conseguir que todos os clubes de LaLiga conten co seu equipo Genuine, o cal aportará un gran valor social.
A finalidade de LaLiga Genuine será potenciar a deportividade e non a competitividade, premiando o xogo limpo.
A temporada 2017/2018 organizaráse en catro fases, que se levarán a cabo en fins de semana e en diferentes sedes:
· 1ª fase: Villarreal (do 6 ao 8 de outubro de 2017)
· 2ª fase: Tarragona (do 19 ao 21 de xaneiro de 2018)
· 3ª fase: Mallorca (do 13 ao 15 de abril de 2018)
· 4ª fase: Vigo (do 8 ao 10 de xuño de 2018)
Para preparar as catro fases das que consta a temporada, no día de onte tivo lugar o primeiro adestramento do equipo na Cidade Deportiva da Torre, que se repetirá unha vez por semana, coordinado por dous adestradores da área de futbol formativo do RCDeportivo.