Aspaber organiza o campionato de xogos de mesa da Liga Norte 2017
27 de novembro de 2017 - Dos programas
Dentro do calendario de actividades da Liga Norte, composta por asociacións de persoas con discapacidade que se reúnen para organizar actividades deportivas co obxectivo de crear espazos de convivencia e diversión, o pasado sábado celebrouse no Forum Carballo o campionato de xogos de mesa, que este ano organizou Aspaber.
A este cita, ademáis de Aspaber, acudiron varias asociacións da Comunidade Autónoma como: Apader (Cedeira), Aspronaga (A Coruña), Ntra. Sra. de Chamorro (Narón), Amipa (Padrón), Pai Menni (Betanzos) e San Vicente Paúl (Lugo).
A xornada comezou pola mañá donde os asistentes puxeron en práctica as súas habilidades nos xogos de mesa, que se disputaron de forma simultánea, nas diferentes categorías de: parchís / parchis adaptado, dominó / dominó adaptado, xogo da oca, bolos e bingo.
Unha vez rematados os xogos de mesa, deuse paso a unha sesión de baile coa que se finalizou a xornada.
Sesión de baile coa que finalizou o campionato de xogos de mesa da Liga Norte 2017