ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O mural de Aspaber gaña o segundo premio do 8º Concurso de murais de Suministros Lar

11 de xuño de 2018   -    Dos programas

O mural de Aspaber gaña o segundo premio do 8º Concurso de murais de Suministros Lar 8º Concurso de murais de Suministros Lar

Na entrega de premios da 8º edición do Concurso de murais “Lar na escola”, organizado pola empresa ceense Suministros Lar, que tivo lugar o pasado venres, o xurado concedeulle ao mural de Aspaber o segundo premio deste concurso ao que se presentaron outras 8 obras de centros escolares e entidades da Costa da Morte.

O xurado estivo formado polo presidente do concurso Quintero, o profesor e crítico de arte Antón Castro, a técnica cultural e artista muxiana Viki Rivadulla e o fotógrafo vimiancés, Antonio Nodar, que estiveron acompañados pola xerente de Lar, Tatiana Rodríguez; o xefe de ventas de Mapei en España, Albert Corina, e o director da revista L’informati, Ramón Capdevila. Todos eles  destacaron o gran traballo realizado por todos os participantes.

Nesta primeira participación de Aspaber neste concurso, os mosaicos tiveron que acoplarse a un formato cilíndrico e o tema principal a desenvolver foron os faros da Costa da Morte, como homenaxe aos fareiros e mariñeiros, homes e mulleres que dedicaron a súa vida a estes oficios.

Cada centro participante tiña asignado por sorteo un destes faros, sendo o faro de Laxe o que lle tocou en sorte a Aspaber, que logo de visitalo e estudialo “in situ” os rapaces e rapazas da entidade comezaron a facer os primeiros esbozos ata finalizar confeccionando, coa axuda dos monitores da entidade, o mural gañador deste 2º premio despois de dous meses de minucioso traballo.

Esta obra na que participaron 18 usuarios/as da entidade presentouse baixo o título “Un mar de oportunidades”, tendo por significado: destacar as fortalezas e as virtudes das persoas, en dar oportunidades, e valorar que as diferenzas nos enriquecen e o respeto nos une.


Ligazóns

Imaxes