Aspaber reafirma o seu compromiso co emprego coa participación na IV Feira de Emprego Carballo
5 de abril de 2019 - Do sector
Onte celebrouse por primeira vez no Forum Carballo a IV Feira de Emprego, organizada pola Cámara de Comercio de A Coruña, coa finalidade de acercar as empresas aos mozos e mozas desempregados menores de 30 anos que buscan poder incorporarse ao mundo laboral.
Esta cuarta Feira de Emprego forma parte do programa integral de cualificación e emprego (Pice) das cámaras de comercio de España, ademáis de ser un dos instrumentos que articulan, o programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020 do Fondo Social Europeo.
Os encargados da inauguración do acto foron o Presidente da Cámara de Comercio de A Coruña, Antonio Couceiro; o Director Xeral da Cámara de Comercio de A Coruña, Gonzalo Ortíz; o Periodista Luís Fraga; e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
A continuación procedeuse á apertura dos stands desta feira nos que Aspaber estivo presente xunto a outras 25 empresas de renome, tanto de presencia local, nacional así como internacional, ás que os máis de 200 mozos e mozas que asistiron a este evento, lles poideron entregar o seu currículum e entrevistarse cos seus representantes.
O stand de Aspaber, como o de todas as demáis empresas asistentes, rexistrou un gran número de interesados na oferta de emprego tanto da Asociación como do Centro Especial de Emprego, sendo o perfil sociosanitario o máis demandado.
Na feira de Emprego tamén houbo puntos de orientación laboral, onde os participantes foron asesorados por dous orientadores da Cámara de Comercio para afrontar con mellores garantías a súa inserción laboral.