Mellora do Sentido de Pertenza para o equipo profesional de Aspaber
18 de xuño de 2019 - Do sector
Profesionais de Aspaber durante o curso "Desenvolvemento do sentido de pertenza"
Os días 10-11 e 17-18 de xuño profesionais de Aspaber recibiron a formación “Desenvolvemento do sentido de pertenza”.
Este curso pretende xerar no equipo de profesionais unha experiencia de aprendizaxe que impacte sobre puntos clave:
- Favorecer o coñecemento da organización.
- Reforzar a conexión, para cada persoa, entre o seu EU e a MISIÓN da entidade.
- Promover o desenvolvemento das habilidades profesionais: traballo en equipo, comunicación…