ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Aspaber súmase a unha nova oportunidade de emprego baixo o proxecto “Telo na man”

26 de setembro de 2019   -    Do sector

Aspaber súmase a unha nova oportunidade de emprego baixo o proxecto “Telo na man” Taller de "Prototipado de ideas de negocio de economía azul" en Aspaber

Durante toda esta semana dez usuarios/as de Aspaber xunto con profesionais do centro recibirán a formación necesaria para desenvolver unha idea de negocio de economía azul.

Partindo da idea de que dende fai cinco anos estamos a traballar na recuperación de caixas de peixe, contenedores, etc… utilizando para elo a soldadura de polietileno, durante esta semana intentaremos desenvolver unha idea de negocio que parte desta idea inicial e que vai a xerar unha futura aula de reciclaxe interactiva que sirva para a concienciación da tan necesaria reciclaxe.

O proxecto “Telo na man: O océano está nas túas máns” está coordinado por MedAtlantia, cooperativa dedicada á consultoría europea con sede na Coruña, e o seu obxectivo é axudar á creación de iniciativas empresariais no marco da Economía Azul que xurden de grupos sociais en risco de exclusión. Para iso este programa componse de varios talleres guiados por profesionais do sector e da inserción socio-laboral a través dos que se dan a coñecer oportunidades basadas no aproveitamento dos recursos mariños e defínense ideas de negocio.

Este proxecto forma parte do Programa empleaverde 2018, e está promovido pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e conta coa colaboración da Asociación A Toda Vela de Almería.


Ligazóns

Imaxes