ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Iniciamos o programa "Aspaber na casa"

20 de abril de 2020   -    Dos programas

Iniciamos o programa "Aspaber na casa" Profesionais de Aspaber prestando apoios no fogar

O apoio ás personas usuarias e ás súas familias segue a ser a prioridade de Aspaber. A situación xerada ante o COVID-19, fai que teñamos que reorganizarnos, e adaptarnos á nova situación, plantexándonos unha nova metodoloxía que permita que Aspaber chegue a todos os fogares, tendo en conta que cada persoa é diferente e polo tanto os apoios deben ser tamén distintos.

O programa “Aspaber na casa” pretende achegar aos fogares dos nosos usuarios e usuarias e ás súas familias parte dos contidos que tiñan establecidos nos seus Programas de Desenvolvemento Individual (PDI), de maneira presencial e telemática, intentando establecer rutinas que favorezan a súa calidade de vida e que permitan reducir o impacto que está a producir o confinamento, que temos que gardar polo COVID-19, nas nosas familias.

Queremos transmitir que Aspaber segue formando parte da rede de apoio de todos os nosos usuarios e usuarias e das súas familias, buscando detectar as necesidades derivadas desta situación e poder ofrecer deste xeito os apoios axustados e personalizados a cada persoa.


Ligazóns