Nace IN-RED, a primeira patronal galega da discapacidade intelectual
4 de decembro de 2020 - Do sector
A nova entidade está promovida por varias asociacións e centros especiais de emprego e aspira a representar cunha mirada nova aos intereses do sector en Galicia.
Constituíuse formalmente “IN-RED: Asociación Profesional e Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego e Entidades do Ámbito da Discapacidade Intelectual e afíns”. Trátase da primeira patronal do sector da discapacidade intelectual e ámbitos afíns en Galicia.
Os promotores da nova entidade son centros especiais de emprego e asociacións que prestan servizos educativos, asistenciais e ocupacionais para persoas con discapacidade intelectual. A Xunta Directiva está composta polos representantes de ASPABER (https://www.aspaber.com/) de Carballo (A Coruña), EVD Galicia (https://www.evdgalicia.com/) de Mos e Crecente (Pontevedra), ACEESCA (https://aceesca.com/) de Porriño (Pontevedra), CENTRO JUAN MARÍA (http://www.centrojuanmaria.org/) de Nigrán (Pontevedra) e SAN XEROME EMILIANI (https://sanxerome.com/) de A Guarda (Pontevedra). Lola Fernández García, representante de ASPABER, é a presidenta electa da nova entidade.
IN-RED proponse dar voz aos intereses económicos e socio-laborais comúns das entidades que prestan servizos a persoas con discapacidade intelectual e afíns. Co crecemento los últimos anos, a xestión destas entidades volveuse cada vez máis complexa. Por iso, aínda que teñan un carácter non lucrativo, é indispensable dar una resposta ás súas novas necesidades dende a perspectiva da xestión empresarial e da profesionalización. IN-RED ten a ambición de facelo cunha mirada nova, en liña co seu su lema “mirar onde os outros non miran, para encontrar o que os outros non encontran”.
A asociación avoga pola busca de solucións concretas e áxiles, polo aprendizaxe mutuo e a cooperación continua entre os seus membros. Consciente de que a mellor solución pode atoparse só axuntando esforzos.
Na axenda de IN-RED están temáticas como a negociación do Convenio colectivo do sector; o impulso aos Programas de Formación Dual como instrumento para mellorar a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual; a futura evolución dos centros especiais de emprego. A entidade prestará tamén servizos de apoio para promover a profesionalización dos xestores das entidades socias.
Con este obxectivo, a Xunta Directiva xa mantivo reunións coa Consellería de Emprego e a de Política Social da Xunta de Galicia. E estableceu contactos con outras entidades da economía social, como FOROESGAL – Foro Pola Economía Social Galega.