ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

ASPABER coordina en Grecia a 3ª reunión do proxecto ERASMUS+ ACADAS

15 de setembro de 2021   -    Centro Educativo

ASPABER coordina en Grecia a 3ª reunión do proxecto ERASMUS+ ACADAS

Os próximos días 16 e 17 de setembro levarase a cabo en Atenas a 3º Reunión do Comité Directivo do Proxecto ACADAS, na que participaremos xunto aos nosos socios europeos de Irlanda, Grecia, Turquía, Italia e Croacia. Este proxecto está financiado a través do programa europeo Erasmus+ e ten como finalidade analizar e intercambiar boas prácticas en prevención, intervención e seguimento de persoas con discapacidade en particular risco de abandono escolar prematuro (AET). Para iso, realizarase unha análise exhaustiva que axude a obter unha imaxe de conxunto sobre os aspectos nos que os sistemas educativos da UE non satisfán as necesidades destes grupos e esta análise utilizarase como unha ferramenta que servirá para transferir a carga de responsabilidade dos/as estudantes con discapacidade cara a aqueles actores con competencias educativas e sentará as bases do involucramento de toda a comunidade escolar para reducir o abandono escolar prematuro.

A Pandemia provocada pola COVID19 trastornou algunha das reunións de coordinación presenciais, que non se puideron realizar debido ao estado de alarma, pero non impediu que seguísemos realizando as actividades planificadas, entre as que destacamos:

  • Elaboración dunha enquisa sobre colectivos con discapacidade con especial risco de sufrir AET dirixido a pais/nais e persoal educativo e a súa posterior análise estatística.
  • Identificación de mecanismos de seguimento do risco de AET en persoas con discapacidade (políticas, execución en centros destas e outros indicadores de resultados). Comparación de resultados en canto á redución do AET nos países que forman o participado do proxecto.

Durante a próxima reunión de coordinación, realizaremos un seguimento das tarefas de difusión do proxecto, analizaremos os resultados obtidos tras a análise estatística das enquisas realizadas en cada un dos países socios e discutiremos os pasos para dar en relación ás próximas actividades:
  1. Recompilación de ferramentas para a detección temperá e seguimento das persoas con discapacidade en especial risco de sufrir AET.
  2. Planificación e organización dun programa de capacitación intensiva sobre os mecanismos de expulsión, recoñecemento de logros e homologación de resultados educativos en persoas con discapacidade en especial risco de AET.
  3. Identificación de boas prácticas en seguimento e avaliación de logros educativos en persoas con discapacidade.
  4. Deseño dunha folla de roteiro dirixido a decisores políticos, cos pasos necesarios para a homologación de logros educativos a nivel da Unión Europea e alianzas necesarias para conseguilo.
Por outra banda, desde ASPABER está a levarse a cabo unha boa práctica que permite unha valoración positiva e motivacional dos resultados académicos que contribúe a que o alumno, se involucre no proceso de aprendizaxe e que denominamos “AS TRES LENTES “. Aproveitaremos a reunión en Atenas para compartir esta boa práctica cos socios do proxecto.


Ligazóns

Imaxes