ASPABER viaxa a Irlanda para coordinar a 4ª reunión do proxecto ERASMUS+ ACADAS
5 de decembro de 2021 - Centro Educativo
ASPABER estará en Drogheda (Irlanda) para participar este próximo luns 6, martes 7 e mércores 8 de decembro no 4º encontro europeo sobre o proxecto ERASMUS+ ACADAS.
Este proxecto está financiado a través do programa europeo Erasmus+ e ten como finalidade analizar e intercambiar boas prácticas en prevención, intervención e seguimento de persoas con discapacidade en particular risco de abandono escolar prematuro (AET).
Este evento está promovido polos socios de Irlanda do C.E.E. St. Ita´s, no que participaran tamén: a Universidade de Konya (Turquía), o C.E.R.B (Grecia), EuLabTec (Italia) e PROMENTE (Croacia).
Na primeira xornada expoñeranse as ferramentas contra o abandono escolar temperá nos distintos países membros (Turquía, Croacia, Italia, Irlanda, Grecia e España), e participarase nunha conferencia con: Jane Carter - Leargas - Oficial de Inclusión e Diversidade da Axencia Nacional e con Des Henry - WALK - líderes dun movemento para o cambio, empoderando ás persoas con discapacidade para que vivan de forma autodeterminada nunha sociedade igualitaria e inclusiva.
O martes participarase nunha mesa redonda onde se aportarán testemuñas reais de persoas que sufriron abandono escolar/exclusión para analizar e debatir as mellores ferramentas contra o abandono escolar temperá para as persoas con necesidades educativas especiais, buscando un enfoque dende o inicio da escolarización destes alumnos/as.
E o mércores rematará este encontro da 4ª Reunión Transnacional en Irlanda cunha mesa redonda, “Concretando o futuro e rexistro das conclusións e recomendacións”, e planificarase a vindeira visita a Croacia e o que abarcará esta última parte do proxecto.
Máis información en: https://acadas.blog
Ligazóns
- PÁXINA WEB ERASMUS+ ACADAS
- Aspaber afondará sobre o abandono escolar das persoas con discapacidade en Irlanda - QUE PASA NA COSTA
- Aspaber participa en Irlanda en un nuevo encuentro del Erasmus+ - LA VOZ DE GALICIA
- Aspaber trata en Irlanda sobre el abandono escolar temprano - LA VOZ DE GALICIA
- Fin del viaje que hizo Aspaber a Irlanda con el proyecto Erasmus+ - LA VOZ DE GALICIA
- Aspaber aprende e ensina en Irlanda a loitar contra o abandono escolar entre as persoas con diversidade - QUE PASA NA COSTA