ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade visita ASPABER

16 de febreiro de 2022   -    Do sector

O Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade visita ASPABER Membros de ASPABER reciben ao Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e demáis asistentes á visita.

Esta mañá visitou ASPABER Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Na visita acompañounos o Alcalde de Carballo Evencio Ferrero, a Concelleira de Servizos Sociais Maika Ures, o Deputado Autonómico Rubén Lorenzo e a Concelleira do Partido Popular Beatríz Neira.

Os representantes de ASPABER fixeron un percorrido polos diferentes Centros e Servizos así como a visita á nova zona recentemente creada e que vai a estar adicada a Aulas Medioambientais destinadas a persoas con diversidade intelectual, nas que a Xunta de Galicia participa coa financiación do equipamento.

No encontro co Director Xeral Fernando Abeijón tamén se aproveitou para facerlle chegar as necesidades que ten ASPABER en canto á demanda de prazas residenciais.


Ligazóns

Imaxes