ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O proxecto europeo ACADAS presenta as súas conclusións

22 de abril de 2022   -    Centro Educativo

O proxecto europeo ACADAS presenta as súas conclusións Presentación das conclusións do proxecto ACADAS no Forum Carballo

Este venres 22 de abril, celebrouse en Carballo a presentación das conclusións do proxecto Erasmus+ ACADAS, que estivo liderado por Aspaber durante os 2 últimos anos e en coordinación con outras entidades europeas do sector da discapacidade de: Italia, Grecia, Turquía, Croacia e Irlanda.

A este acto acudiu o Alcade de Carballo, Evencio Ferrero e o Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, que xunto á Directora do centro educativo Aspaber, Dolores Fernández, encargáronse de dar comezo á presentación e contextualización do proxecto.

Tamén estivo presente o inspector de zona, Manuel Trigás e os alcaldes de Laxe, Ponteceso e Santa Comba, así como orientadores, directores e entidades do sector, que se interesaron e mostraron o seu apoio a ACADAS.

A continuación as mestras do Centro Educativo de Aspaber, Susana Villar Silván, Sara Pombo Trigo e Valvanuz Coterillo Frias, encargáronse de exponer o proxecto e as conclusións e pasos a seguir de cara ó futuro.

A xornada rematou cun coloquio aberto ao público, no que houbo unha moi boa participación entre todas as persoas asistentes.


Video do acto de presentación das conclusións do proxecto ACADAS

Ligazóns

Descargas

Imaxes