ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O Centro Educativo Aspaber finaliza o curso 2021/2022 celebrando: A Festa da auga

22 de xuño de 2022   -    Centro Educativo

Redacción realizada polo alumnado

Ese día traballamos de distinta forma porque xogamos a xogos con auga. Xogos de esponxas, ao tobogán de auga, a lanzamentos de globos de auga. As esponxas eran de moitas cores, tivemos que pasarnos as esponxas de auga mentras nos mollaban as profes e Zaira con pistolas de auga, Sergio axudaba a rellenalas.

Despois fixemos unha batalla de auga. Tamén nos tiramos cunha tabla de surf polo tobogán. Pasámolo xenial e divertímonos moito. Cando repetiremos??


Festa da auga (ASPABER)

Imaxes