ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

A Deputación Provincial da Coruña fai entrega dun microbús a ASPABER

22 de xullo de 2022   -    Do sector

A Deputación Provincial da Coruña fai entrega dun microbús a ASPABER Acto de entrega dun vehículo adaptado de 18 prazas a ASPABER

Esta mañá o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, procedeu á entrega dun novo vehículo de transporte adaptado de 18 prazas á entidade social ASPABER, dentro do acordo marco da Deputación provincial para suministración de vehículos a entidades sen ánimo de lucro.

Dito vehículo será destinado ó servizo de transporte de usuarios/as que ASPABER presta en 15 concellos da comarca de Bergantiños.

A este acto tamén asistiron o vicepresidente, Xosé Regueira, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, así como o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, a Concelleira de Servizos Sociais Maica Ures e a Concelleira Mª Carmen Vila.


Ligazóns

Imaxes