ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

ASPABER inicia un novo proxecto de colaboración coa USC

15 de setembro de 2022   -    Do sector

ASPABER inicia un novo proxecto de colaboración coa USC Profesionais de ASPABER na USC

Profesionais de ASPABER estiveron no día de onte na Universidade de Santiago de Compostela (USC) para iniciar un novo proxecto de colaboración coa USC a través da creación de 2 APS (prácticas educativas nas que o alumnado aprende mentres actúa sobre necesidades reais dun entorno), para a creación de recursos didácticos adaptados, interactivos e motivadores para as persoas con discapacidade intelectual no ámbito das novas tecnoloxías, da formación afectivo-emocional e do traballo en habilidades adaptativas da vida diaria.

Unha das APS levarase a cabo dentro do grao de Pedagoxía e outra como parte do Grao de Maxisterio, onde tiveron a oportunidade esta semana de compartir experiencias e necesidades con parte do alumnado e profesorado da USC.


Imaxes