O acceso e uso das novas tecnoloxías son os retos de futuro dos profesionais de ASPABER e St. Ita’s de Drogheda
21 de setembro de 2022 - Do sector
Reunión de traballo entre profesionais de ambas entidades
Logo da reunión celebrada no día de onte entre profesionais do Centro de Educación Especial St. Ita’s - Drogheda (Irlanda) e profesionais de ASPABER nas instalacións da propia entidade carballesa, na que ambas organizacións compartiron os retos actuáis cos que se atopan as persoas con necesidades educativas especiais no acceso e uso das novas tecnoloxías, poidéronse establecer líñas comúns de actuación e colaboración entre ambas entidades onde ASPABER xa ten unha experiencia e percorrido feito a través doutras colaboracións.
A máis recente, é a establecida coa USC (Universidade de Santiago de Compostela) para a creación de 1 APS (aprendizaxe-servizo) co grao de pedagoxía e outra dentro do grao de maxisterio para a creación de material interactivo e adaptado ás persoas con discapacidade intelectual en canto á prevención e uso de ferramentas tecnolóxicas.
Unha das propostas que xurdiron neste encontro, foi a invitación de ASPABER a desenvolver un traballo semellante entre o Centro de Educación Especial St. Ita’s e as Universidades Irlandesas co que poder crear un banco común de recursos didácticos adaptados ós novos retos tecnolóxicos e formativos actuáis.