ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

ASPABER visibiliza a economía social na I Feira de Emprego e a Formación celebrada no Polígono Industrial de Carballo

29 de setembro de 2022   -    Novas

ASPABER visibiliza a economía social na I Feira de Emprego e a Formación celebrada no Polígono Industrial de Carballo Mesa redonda “O novo ecosistema laboral, retos e tendencias”

Durante a xornada de onte no Centro Social de Bértoa tivo lugar a I Feira de Emprego e a Formación, organizada pola comunidade de propietarios do Polígono Empresarial de Carballo co patrocinio do Concello de Carballo, na que ASPABER xunto a outras empresas de diferentes sectores tratou de fomentar o emprego e amosar a capacitación das persoas a través da formación.

Asimesmo a directora de ASPABER Dolores Fernández participou na mesa redonda “O novo ecosistema laboral, retos e tendencias” xunto a Diego Vázquez Reino, Presidente da Fundación Laboral da Construción, Ignacio Abeal, Socio director de Nascor Consultores e José Manuel Iglesias Vilas, Presidente do Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia.

Por outra banda os alumnos/as de Formación Dual de ASPABER estiveron durante a mañá nun stand explicando aos asistentes que alí se acercaron en que consiste a formación dual do módulo de “Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais”. Tamén participaron en charlas e formacións durante a xornada e buscaron información laboral doutros sectores nas demáis empresas expositoras da feira.

Os actos foron clausurados polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente da Confederación de Empresarios de A Coruña Antonio Fontela Ramil.


Ligazóns

Descargas

Vídeos

Audios

  • Entrevista á xerente de ASPABER en Voces de Bergantiños [RADIO VOZ]

Imaxes