O Festival de Nadal de ASPABER volve despois de dous anos de ausencia
20 de decembro de 2022 - Do sector
O pasado sábado no Pazo da Cultura de Carballo volvéronse a congregar usuarios/as, familias e persoal de ASPABER para celebrar de novo o Festival de Nadal da entidade logo de dous anos de parón por motivo da covid-19.
A esta cita acudiron entre outros os alcaldes e/ou membros das respectivas corporacións da comarca de Bergantiños, entre os que estivo un ano máis o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, que incluso puido participar nunha parte desta celebración e tivo palabras de agradecemento para os usuarios/as e para ASPABER pola labor realizada.
O acto comezou cunha homenaxe as persoas que formaron parte e foron parte importante da entidade, falecidos nestes dous últimos anos.
A continuación fíxose unha exposición e posta en valor da Formación Dual por parte dos usuarios/as que a están a recibir en ASPABER poñendoa en valor como unha formación de futuro.
Finalmente, realizouse unha parodia do programa “Casamos” da Televisión de Galicia, interpretada polos usuarios/as da entidade. Esta parte da celebración foi unha homenaxe ó comercio local de Carballo, no que os usuarios/as de ASPABER compran e fan uso das tendas da localidade.
Ligazóns
Audios
- Entrevista á directora de ASPABER Dolores Fernández en VIVINDO A COSTA DA MORTE [RADIO NORDES CADENA SER]
- Entrevista á directora de ASPABER Dolores Fernández en VOCES DE BERGANTIÑOS [RADIO VOZ]