ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Próximas actividades de ocio

24 de marzo de 2009   -    Dos programas

O Clube Manuel Pose Veiga (ASPABER) participará nunha Xornada Artístico Cultural que se celebrará o 18 de abril, no Parque de Santa Margarita (Coruña).

Dita actividade estará organizada por o Clube Xuvenil Finisterre (ASPRONAGA) e Fundación ADCOR

Programa:

Chegaremos ás 10:30 da mañá no Parque de Santa Margarita para comezar a Xornada Artístico-Cultural á 11horas.

Ás 14 horas pararemos para comer,para o cal teremos dúas horas.Cada un deberá levar o seu xantar.

Prevese que ás 16 horas comecemos de nova a xornada coa presentación das experiencias gozadas durante a mañá.

Os Talleres que están propostos son:
Batuka/Bailes de Salón,punto de creu,chapas,fotografía,percusión,probas culturais,pedras decoradas,papiroflexia,serigrafía caseira, teares, teatro, pintura, radio, abalorios, ioga, escritura, petanca e chave, coiro, cociña, mural, grafitti, curtametraxe, calceta, alfombras...

Serán as persoas con discapacidade as que dirixan os talleres co apoio que elas demanden.Outra particularidade é que están invitados outros colectivos da cidade a que participen como alumnos/as nos talleres.

No mes de Maio participaremos nunha "Xornada de Ciclismo"
Será o día 9 de Maio enPadrón
Organiza: AMIPA (Padrón)

Aínda non dispoñemos do programa da xornada.