Materiais didácticos para o alumnado e profesorado de ASPABER
23 de decembro de 2022 - Do sector
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e ASPABER unen forzas para a creación de materiais didácticos dirixidos a persoas con diversidade funcional asociadas a dificultades cognitivas.
A comezos do curso escolar 2022-2023 a USC e ASPABER coinciden na necesidade da posta en marcha dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) dada a escaseza de recursos educativos para traballar con alumnado con diversidade e a ausencia de cursos formativos para os profesionais que traballan neste sector.
Neste proxecto participou máis dun cento de alumnado universitario das seguintes tres materias:
- “Deseño e Elaboración de Materiais Didácticos” (4º curso do Grao en Mestre de Educación Infantil e Mestre de Educación Primaria)
- “Deseño e Avaliación de Materiais Didácticos” (4º curso do Grao en Pedagoxía)
- “Formación en Rede” (4º curso do Grao en Pedagoxía)
Na materia de “Deseño e Elaboración de Materiais Didácticos” creáronse unha serie de recursos dirixidos especificamente ao Centro Educativo de ASPABER. Entre os materiais deseñados destaca dende unha tenda, un trivial, un xogo de preguntas cunha ruleta, vídeos titoriais, pósters informativos, taboleiros en formato dixital, etc...
O alumnado da materia “Deseño e Avaliación de Materiais Didácticos” foi o artífice da elaboración de recursos pensados para o Centro Ocupacional de ASPABER. Algúns destes recursos son: xogos de mesa como o denominado Aspapoly, unha ruleta das emocións, simulación de espacios de uso cotiá, historias interactivas, blogs ou mesmo unha canle de receitas chamada Aspachef.
O alumnado de 4º curso de Pedagoxía da materia de “Formación en Rede” foi o artífice da configuración dun Campus Virtual creado mediante a plataforma Canvas LMS, dirixido aos profesionais da asociación ASPABER. Este mesmo alumnado, alimentou dita plataforma con dous cursos sobre Competencia Dixital: “Área de Información e alfabetización informacional” e “Área de seguridade”. Ademais, é interesante destacar que estes cursos conteñen actividades interactivas para poder avaliar os coñecementos aprendidos. A plataforma permanecerá aberta para crear e engadir os recursos que se consideren necesarios.
Polo tanto a principal finalidade deste ApS foi elaborar materiais didácticos dirixidos as/os usuarias/os de ASPABER e un Campus Virtual con cursos formativos e recursos dixitais dirixido as/os profesionais que traballan nesta Asociación. Atendendo así a todos os membros e necesidades actuais desta comunidade educativa.
O ACTO DA ENTREGA DE RECURSOS SERÁ O 22 DE DECEMBRO NO EDIFICIO DO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n CARBALLO)
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
- HORA: 10:30
- ACOMPAÑARANNOS: 58 alumnos dos grados de Mestre de Educacion Infantil, Mestre de Educación Primaria, grado en Pedagoxía.
- PROFESORES: Silvia López Gómez, Tania Caamaño Liñares, Ana Rodríguez Guimeráns, Jesús Rodríguez Rodríguez.
- PROFESIONAIS da Asociación ASPABER
Ligazóns
- Saber universitario en favor de materiales didácticos y cursos para la comunidad de Aspaber [LA VOZ DE GALICIA]
- ASPABER e USC unen forzas para crear materiais didáticos dirixos a persoas con diversidade [QUE PASA NA COSTA]
- Alumnos da Universidade de Santiago crearon materiais didácticos para Aspaber [EL CORREO GALLEGO]
- Alumnado de Ciencias da Educación crea materiais didácticos dirixidos a persoas con diversidade funcional asociada a dificultades cognitivas [XORNAL DA USC]
- Materiais didácticos USC - ASPABER [JESÚS RODRIGUEZ RODRÍGUEZ - COORDINADOR DO EQUIPO DA USC]