ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Celebrando o Nadal no Centro Educativo ASPABER

22 de decembro de 2022   -    Centro Educativo

Estimados amigos e amigas, hoxe queremos dar a despedida do primeiro trimestre compartindo con todos vós os videos que realizamos nas tres aulas do centro educativo, no que puxemos toda a nosa ilusión e esforzo para desexarvos un feliz 2023 cheo de saúde e amor para todos e todas. ¡Felices festas!


Celebrando o Nadal

Tamén queremos compartir as postais que fixemos para os nenos e nenas que nestes momentos non teñen a sorte de estar nas súas casas coma nós, senón que están na aula hospitalaria do materno infantil da Coruña, e por iso cada un de nos fixémoslle unha postal para animarlle estas festas e desexarlle o mellor e moito ánimo, a parte dunha gran aperta de todo o alumnado.



Postais de Nadal dedicadas aos nenos e nenas do hospital

E como é mellor velo que contalo, isto é unha mostra do traballo de Nadal deste ano.


Resumo do Nadal 2022 no Centro Educativo