A Rede Tool Lab celebra en Galicia tres xornadas de innovación social para o cambio organizacional nas entidades da discapacidade
11 de outubro de 2023 - Do sector
Máis de 60 profesionais do sector da discapacidade reuníronse do 4 ao 6 de outubro na Ciudade da Cultura de Santiago de Compostela para compartir e experimentar metodoloxías e ferramentas de cambio dos modelos organizativos e de xestión das súas entidades.
A iniciativa enmárcase nas actividades do proxecto “TooL Lab: Think Tank de transformación da Economía social dos máis vulnerables”, que foi financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social con fondos NextGenerationEU na última convocatoria do PERTE da Economía Social e dos Coidados.
En concreto, os días 4 e 5 de outubro leváronse a cabo sesións de capacitación e experimentación conxunta centradas na aplicación de metodoloxías para o cambio na cultura organizativa, inspiradas na Teoría U, o Paradigma TEAL, a Comunicación NonViolenta, a Holocracia e a Sociocracia.
En particular, profundizáronse temáticas como a alineación co propósito evolutivo da organización, a autoxestión, o benestar e o coidado das persoas na contorna de traballo. Todo esto da man e co apoio de facilitadores expertos, como José Manuel Portalo (Amadip Esment Fundació, Illas Baleares), Atzio Orexa (Grupo Ner, País Vasco), Eva Miguélez (Deluz y Compañía e El Super de los Pastores, Cantabria) e Ester Ortega (Fundación Aprocor, Madrid).
O día 6 celebrouse a xornada de presentación da Rede TooL Lab ás institucións e ás entidades do sector da economía social de Galicia. Xunto cos membros da Rede, participaron no evento Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; Covadonga Toca Carús, Directora do Igape; Celso Gándara Carnero, Presidente do Foro da Economía Social de Galicia; Lucía Mendoza, Xerente de Espazo Coop-Unión de Cooperativas de Galicia; representantes dos sindicatos UGT e CC.OO. e de entidades representativas do ámbito da discapacidade.
TooL Lab (www.redtoolab.org) é un proxecto colaborativo que involucra a 10 organizacións de 4 distintas Comunidades Autónomas: Galicia, Canarias, Illas Baleares e País Vasco. Promove un cambio radical nos modelos organizativos e de xestión das entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos a persoas con discapacidade, que permita combinar a profesionalización do sector co mantemento da súa misión social e o desenvolvemento de relacións laborais basadas na autonomía e autoxestión dos equipos e o benestar das persoas traballadoras.