Comeza unha nova promoción de FP Dual Adaptada en ASPABER
5 de marzo de 2024 - Novas
Dende este ano estase a formar en ASPABER ós alumnos do 2º proxecto 2024-2027 da “FP Dual Adaptada para persoas con Discapacidade Intelectual”, no perfil de “Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais”.
Dez alumnos participan nesta formación teórico-práctica, ca finalidade de adquirir habilidades e destrezas que favorezan o seu desenvolvemento, tanto nos entornos laboráis, como na súa vida persoal e social.
Confiamos en que este proxecto a 3 anos vista, lles proporcione ós nosos alumnos a oportunidade de demostrar a súa capacitación e a súa valía, nunha sociedade que pretende ser cada vez máis inclusiva e plural. Porque “a diversidade suma”