ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Xornadas de colaboración e convivencia entre ASPABER e as Escolas de verán Xiria

30 de xullo de 2024   -    Dos programas

Xornadas de colaboración e convivencia entre ASPABER e as Escolas de verán Xiria

Durante o mes de xullo realizáronse varias actividades entre a asociación Aspaber e as Escolas de verán Xiria, procurando con ditas actividades unha aprendizaxe colaborativa a través da convivencia en diferentes contextos.

Con esta colaboración estamos a procurar un acercamento entre ambos colectivos a través de traballos didácticos e de lecer, amosando de preto as capacidades, que moitas veces se descoñecen, das persoas que traballan na Asociación Aspaber.

Durante estas xornadas realizouse o mantemento e plantación dun horto escolar, actividades de xogos e partidos de balonmán e unha visita ao Centro Aspaber coa participación dos rapaces e rapazas nas tarefas que neste se desenvolven.

A actividade foi un éxito tanto na realización das tarefas cómo no goce das persoas que participaron, facilitando momentos de interacción entre ambos e permitindo un intercambio de coñecementos.



Imaxes