ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

ASPABER aprendendo e innovando

23 de outubro de 2024   -    Do sector

ASPABER aprendendo e innovando

Un equipo de profesionais de ASPABER, participaron a semana pasada nas II Xornadas de Innovación Social “Innovar y Disfrutar” organizadas por Esment en Mallorca.

Durante estas xornadas púxose o foco na creatividade como motor de cambio para impulsar a innovación nas organizacións, en encontrar solucións creativas ás necesidades das personas e a fomentar a creación de políticas públicas que permitan implantar estas solucións e xerar valor social.

Desde ASPABER continúase co seu compromiso de compartir coñecementos, proxectos e accións de incidencia coa Administración Pública e con outros axentes sociais  para impulsar a Innovación Social no ámbito da discapacidade.

Dende estas xornadas implantamos a metodoloxia AGILE que se centra en 4 valores e 12 principios e que trata de impulsar a comunicación interna dos equipos para que estes  colaboren uns con outros y se obteña os mellores resultados, co obxetivo de favorecer o traballo en equipo e comunicarse de forma axil e flexible en todos os procesos das necesidades das persoas atendidas.

Asimesmo traballamos con ferramentas en línea como o TRELLO que nos permite identificar obstáculos e visualizar o traballo que estamos levando a cabo, en donde a sinxeleza é esencial e os equipos con regularidade reflexionan e adaptan as formas de traballar para  favorecer a efectividade.  

Estas metodoloxias permítennos os equipos mirar hacia atrás, reflexionar sobre o desenvolvemento e adaptar comportamentos para o futuro.


Entrevistas das II Xornadas de Innovación Social (Mallorca)

Imaxes