Presentación "da Guía de Saúde"
1 de marzo de 2009 - Dos programas
O pasado día 28 de febreiro, e contando coa participación de 45 asistentes, presentouse en ASPABER a GUÍA DE SAÚDE
Esta guía nace dende o Grupo de familias para dar resposta ás distintas inquedanzas acerca da saúde.
Foi elaborada coas distintas aportacións e reflexións traballadas durante varias sesións do grupo. Posteriormente foi completada con diversa bibliografía.
En canto as temáticas tratadas na guía, destacar as seguintes: A alimentción, os hábitos hixiénicos, os controles médicos chequeos e prevención, a actividade física e deporte así como unha parte de primeiros auxilios.